O Hospital do Salnés volve concentrarse para reclamar máis recursos e evitar a saturación

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/28/protesta_hospital_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/28/protesta_hospital_salnes.mp4{/flowplayer}

VILAGARCÍA> O persoal sanitario continúa coa súa loita para reclamar máis recursos para o servizo público de saúde. Desta volta, concentraron as súas demandas nos casos dos picos de demandas, despois da saturación rexistrada nos servizos de urxencias por mor da epidemia de gripe dos meses de decembro e xaneiro. Esta mañá volvéronse concentrar ás portas do Hospital do Salnés, para denunciar o peche de camas e a falta de cobertura das ausencias dos profesionais.

Ás portas do Hospital do Salnés os profesionais volveron insistir nas súas reclamacións.

Non esquecen a situación que se viviu hai escasas semanas nos servizos de urxencias dos hospitais de toda Galicia, cando a epidemia de gripe puxo en xaque o sistema público de saúde. Por iso lamentan que a día de hoxe ningunha autoridade dimitira pola mala xestión.

No centro do Salnés, a epidemia de gripe fixo que se acadara un pico histórico: un domingo 165 persoas pasaron polo servizo de urxencias.

Ante esta situación, dende a xunta de persoal ven con bos ollos a ampliación do Hospital do Salnés, que incluirá a construción dun novo edificio para as urxencias. Así as cousas, advirten: a ampliación, para que sexa real, requirirá dun incremento do plantel.

A xunta de persoal e os xefes de servizo está convocados mañá a unha xuntanza para coñecer os pormenores das obras de ampliación, que arrancaron oficialmente este luns.