RIBEIRA> O Club International Trekkers volverá a promocionar as comarcas de Barbanza e Noia a través dunha andaina de cen quilómetros de percorrido. A proba terá lugar en Ribeira os días 22 e 23 de xuño.
Ribeira acollerá os días 22 e 23 de xuño a sexta Ultraandaina de Cen Quilómetros. A proba, organizada polo Club International Trekkers Barbanza-Sar, percorrerá os concellos de Noia, Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Lousame. Co paso dos anos a cita, unha das máis duras e esixentes das que se organizan en toda a comunidade, estase a converter en todo un clásico e cada vez son máis os participantes que deciden apuntarse.
Con ela búscase promocionar os principais atractivos turísticos das dúas comarcas, tanto a de Barbanza como a de Noia
A proba xa conta a día de hoxe cuns trescentos inscritos. Para máis información ou inscricións os interesados poden consultar a web www.itrekkers.org.