NOIA> A proba terá lugar este próximo sábado, con saída ás cinco da tarde dende a alameda. A finalidade non é outra que recadar o máximo de fondos posibles para a loita contra o cancro. por cuarto ano consecutivo a xunta local da Asociación de Loita Contra o Cancro de Noia organiza esta carreira solidaria. A cita terá lugar este próximo sábado 22 de setembro a partir das cinco da tarde, con saída dende a alameda. A finalidade da proba non é outra que recadar o máximo de fondos posibles para a loita contra a enfermidade. Dende a organización agardan superar os 1.600 participantes da edición anterior, na que se lograron recadar uns dez mil euros. Na organización da carreira colaboran tamén diversas entidades, como é o caso do Club Atletismo Noia, Cruz Vermella, Noia Histórica ou o propio Concello. A inscrición da carreira terá un custe de dous euros, podéndose realizar ata o mesmo día da proba ou ben previamente nos establecementos comerciais autorizados. A organización poñerá a venda tamén produtos de ‘merchandising’ e distribuirá petos nos que as persoas que non participen poidan colaborar co seu donativo. Tamén haberá sorteos de agasallos para os corredores e desenvolverase unha sesión solidaria de zumba.
Inicio crb