Mosquera acusa ao PP de negociar con ENCE para ‘regalarlle’ a súa continuidade na ría

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/04/ence_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/04/ence_pontevedra.mp4{/flowplayer} 

 

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra denuncia manobras do Partido Popular para manter a ENCE na ría. Segundo asegurou esta mañá o concelleiro nacionalista César Mosquera, a formación local e a Xunta estarían deseñando unha proposta para prorrogar a súa estancia a cambio dun pago dun canon anual para tarefas de saneamento da ría. A manobra aforraría á pastera preto de mil millóns de euros, segundo os cálculos de Mosquera.

O Partido Popular estaría negociando para manter ENCE na ría. Cando menos, iso ven de denunciar o edil nacionalista César Mosquera. 

Este achegamento da pasteira reinvestiríase en tarefas de saneamento da ría. Unha necesidade na que, segundo Mosquera, insisten dende hai pouco  a conselleira de Medio Ambiente e Jacobo Moreira dende o Parlamento. 

Nesta manobra, Xunta e PP local irían da man. Non así a administración estatal.

César Mosquera ve un certo paralelismo entre esta manobra para garantir o emprazamento da factoría en Lourizán máis aló do 2018, e a que se ideou no 2002. Aínda que, apunta, esta tería un maior callado. 

Mosquera adiantouse así ao anuncio que Moreira prometera facer en marzo sobre ENCE. O edil asegurou que a información ven de fontes plenamente fiables, que lle serviron para constatar unha sospeita que xa tiñan.