O PXOM marca un novo pleno con insultos, apupos e pequenos disturbios

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/29/pleno_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/29/pleno_grove.mp4{/flowplayer} 

 

O GROVE> O PXOM aínda colea en O Grove. O pleno de onte deixou imaxes moi parecidas ás que xa se viviron no anterior: centos de veciños dentro e fóra do concello para expresar o seu rexeitamento ao documento. Os berros de dimisión marcaron toda a sesión, que rematou con disturbios no exterior entre tres concelleiros e un grupo de manifestantes.

Insultos, apupos e, sobre todo, esta reclamación.

A crispación volveu marcar o pleno de onte en O Grove, con centos de veciños que dende dentro e dende fóra do concello seguiron a sesión na que se certificou a paralización do actual PXOM.

A moción do goberno foi aprobada polos votos dos seus concelleiros e do PSOE. Porén, o tripartito quedou sen expresar o seu punto de vista. 

Os apupos e increpacións prolongáronse os quince minutos durante os que Aida Filgueira intentou iniciar a súa exposición. Os veciños incluso recorreron a cánticos populares para interromper á concelleira.

Finalmente, o alcalde decidiu dar paso á votación. 

Quen si falou e se deu un baño de masas durante unha intervención dunha hora, foi o voceiro do PSOE. José Cacabelos capitalizou o descontento dos veciños.

Tamén tivo a palabra no pleno a Plataforma de afectados, que esixiu que para o novo PXOM se borren as liñas mestras do anterior, e que se conte cos veciños na súa redacción.

Dúas horas despois do arranque, os concelleiros abandonaron o salón de plenos. A tensión acadou o seu máximo nivel, sobre todo cando algúns veciños intentaron interromper o paso do coche que ocupaban os populares Juan Luis Callón e Manuel Ochoa e a independente de A Meca, Aída Filgueira. Un dos manifestantes recibiu un golpe nunha perna e foi trasladado en ambulancia. Os edís chamaron á Policía Local, que tivo que escoltalos para que puideran circular.