Visita fugaz de Arias Cañete a Cambados para coñecer as necesidades do mar e do viño

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/02/canete_europeas_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/02/canete_europeas_cambados.mp4{/flowplayer} 

 

CAMBADOS> Visita fugaz a Cambados do candidato do PP ás eleccións europeas. Miguel Arias Cañete mantivo esta tarde dous breves encontros con representantes dos sectores do mar e do viño, dous motores clave da comarca do Salnés. Unha oportunidade que mariñeiros e bodegueiros aproveitaron para trasladarlle as súas peticións.

A primeira parada de Arias Cañete foi o porto de Tragove. O candidato ás eleccións europeas estivo arroupado por unha nutrida representación do Partido Popular, con alcaldes da comarca, o presidente da Deputación, o de Portos de Galicia e a conselleira do Mar, entre outros.

Tampouco faltaron representantes do sector do mar, que lle pediron máis presenza en Europa.

Sobre a mesa, algunha das problemáticas concretas do sector, como a seguridade das embarcacións e o conflito polo reparto dos copos para a pesca de baixura.

E aínda que o sector botou de menos unha visita de Arias Cañete, o ministro…

Agradeceron o seu paso por Cambados, agora en plena campaña para as eleccións europeas.

Sobre todo porque, a pesares da brevidade da súa visita, Arias Cañete deixou a promesa de volver.

Despois do encontro co sector do mar, foi a quenda do vitivinícola. No Parador cambadés, Miguel Arias Cañete mantivo un encontro con representantes do mundo do viño, outro dos motores da economía do Salnés.