A Plataforma Sanidade Pública celebrará diversos actos informativos no Barbanza

    RIBEIRA> A través destes actos pretende informar á veciñanza sobre diversos asuntos que afectan actualmente á sanidade, como poden ser as listas de espera. O primeiro deles desenvolverase na Pobra do Caramiñal, o vindeiro mércores 4 de febreiro, ás oito da tarde, no ISM. Coa finalidade de informar á veciñanza na comarca, a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública no Barbanza desenvolverá nos próximos meses unha serie de actos informativos nos que se incidirá sobre os ataques que se están a dar ó sistema público sanitario actual en xeral, como poder realizar unha reclamación ou o problema das listas de espera. O primeiro dos actos organizados será na Pobra do Caramiñal, o vindeiro mércores 4 de febreiro, ás oito da tarde nos locais do ISM. A este seguiranlle outros nas vindeiras semanas en Boiro, Porto do Son, Ribeira e Rianxo. Dende a plataforma fan ademais un chamamento a tódolos veciños a acudir á mobilización que vai celebrarse en Santiago, nunha data aínda por determinar, convocada pola plataforma de afectados pola hepatite C. Tamén o cinco de marzo, previsiblemente, a plataforma sairá a rúa para protestar novamente contra os recortes sanitarios.