Os Reis Magos déixanse ver por Pontevedra horas antes da súa gran noite

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/05/reis_magos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/05/reis_magos.mp4{/flowplayer} 

 

PONTEVEDRA> Esta será unha noite de moito traballo para os Reis Magos, pero en Pontevedra as Súas Maxestades de Oriente chegaron por adiantado. Os nenos da vila puideron falar con Melchor, Gaspar e Baltasar, que no Pazo de Mugartegui recibiron a centos de pequenos para escoitar as súas peticións.

En Pontevedra os Reis Magos chegaron por adiantado e foron recibidos con todos os honores.

Centos de pequenos pasaron polo Pazo de Mugartegui para falar coas súas Maxestades, trasladándolles directamente as súas peticións.

Pero antes de recibir os agasallos, é fundamental facer balance do comportamento do ano. 

Aínda que Melchor, Gaspar e Baltasar xa recibiron todas as cartas, haberá que agardar á noite para que fagan a súa visita aos fogares. Por iso, déixannos instrucións do que temos que facer.

E é que non será ata mañá cando os nervios dean paso á sorpresa e á ilusión por estrear os novos agasallos.