Poio pagará dous meses de aluguer ás tres familias afectadas polas demolicións no Vao

POIO> Poio arrancará mañá a demolición de tres choupanas do poboado do Vao. O concello conseguiu chegar a un acordo coas familias afectadas, que durante dous meses pasarán a ocupar pisos de aluguer con cargo ao programa de Emerxencia Social. Por iso agardan que os traballos se desenvolvan con tranquilidade.

 

O concello de Poio asumirá durante dous meses o aluguer dos pisos que ocuparán as familias afectadas polo derrubamento de tres chabolas do Vao. Os custos cubriranse con cargo ao programa de emerxencia social do municipio.

Os traballos de demolición arrancarán mañá. Das tres familias afectadas, dúas teñen fillos en idade escolar. A terceira é un matrimonio maior. O alcalde agarda que o proceso, co que se da cumprimento á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se desenvolva con tranquilidade.

Calcúlase que os traballos se prolongarán durante dúas semanas, xa que unha das vivendas está unida estruturalmente a outra que non ten que ser derrubada. Os operarios terán que levantar un muro para soster esta chabola.

Durante o mes de xaneiro, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística confirmou o derrubamento de tres vivendas de Sanxenxo e O Grove. Todas elas estaban levantadas en solo rústico de protección ordinaria.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/02/demolicions_vao.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/02/demolicions_vao.mp4{/flowplayer} 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí