Estíbaliz Palma, nova comisaria da Policía Nacional en Pontevedra

PONTEVEDRA> Estíbaliz Palma é xa oficialmente a primeira muller comisaria da Policía Nacional en Galicia. Aínda que o nomeamento se realizou en setembro, o acto de toma de posesión tivo lugar na tarde de onte na subdelegación de goberno de Pontevedra.

No seu primeiro discurso oficial, a nova comisaria de Pontevedra eloxiou ó persoal que terá ó seu cargo e destacou que a provincia ten unha taxa de criminalidade por debaixo da media nacional.

Coma principal reto márcase a atención ás vítimas, fundamentalmente dos colectivos máis vulnerables, sen desatender a seguridade da cidadanía en xeral.

O acto estivo presidido polo delegado do goberno en Galicia, Xavier Losada, e a subdelegada en Pontevedra, Maica Larriba, que destacou o recoñecemento ás mulleres na provincia, onde ocupan posicións de responsabilidade.

Tamén lle pediu á nova comisaria que faga un esforzo extra na loita da Policía Nacional contra as violencias machistas.

Estíbaliz Palma rematou a súa intervención citando a Rosalía de Castro.