Unha galleta solidaria na loita contra o cáncer de mama

PONTEVEDRA> Máis de 30 reposteiras de toda España participan estes días na campaña “Galletas contra o Cáncer de Mama”. Unha iniciativa que busca recadar fondos para loitar contra esta enfermidade. En Pontevedra, Alejandra Garrido elaborou a súa propia galleta solidaria.

Ela é Alejandra Garrido e esta é a súa galleta solidaria. Esta pontevedresa forma parte da campaña Galletas contra o cáncer de mama. Unha iniciativa na que están a participar máis de 30 reposteiras de toda España co obxectivo de recadar fondos para loitar contra esta enfermidade.

Esta iniciativa naceu hai 5 anos. A recadación foi aumentando ano tras ano, dende os 2.000 euros na primeira edición ata os 30.000 na última.

Cunha estética sinxela pero con moita historia detrás. Así é esta galleta de Alejandra Garrido.

Esta reposteira pontevedresa uniuse a esta causa o ano pasado. Entón conseguiu vender 500 galletas. Unha cifra que está disposta a superar.

Todos os que queiran mercar esta galleta e contribuír a loita contra o cáncer de mama, poden facelo a través do facebook de Alejandra “Mis Deseos Dulces” ou en 4 tendas da cidade: Naty, a Cafetería Citania, Óptica Revenga e Party Fiesta. Os encargos repartiranse ata o 19 de outubro e o prezo é de 1,50 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí