PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra consegue financiamento europeo para impulsar cinco novos proxectos na provincia. O organismo captou preto de 1,8 millóns de euros de Europa, que completará cunha achega de máis de 600.000 euros de fondos propios. Estas iniciativas, relacionadas coa eficiencia enerxética, o envellecemento activo, a protección dos castiñeiros e a promoción dos territorios transfronteirizos e do patrimonio marítimo, mobilizarán 10,6 millóns de euros.
Novos fondos europeos chegan á Deputación de Pontevedra. A administración provincial conseguiu financiamento para impulsar cinco proxectos que suporán a mobilización de 10,6 millóns de euros.
O organismo destinará 2,4 millóns de euros dos cales captou preto de 1,8 millóns de euros dos fondos POCTEP e do Programa de Espazo Atlántico 2021-2027 e achegará máis de 600.000 euros de fondos propios para poñer en marcha iniciativas de eficiencia enerxética, envellecemento activo, protección dos castiñeiros e de promoción dos territorios transfronteirizos e do patrimonio marítimo.
Así a Deputación participará en Smart Building-COOP, un proxecto de eficiencia enerxética en edificios públicos, valorado en case 2,5 millóns de euros. Tamén na iniciativa Awaves, d eposta en valor do patrimonio marítimo e inmaterial valorado en 1,7 millóns de euros.
Outros proxectos que se verán beneficiados son Activa Rural Transfronteirizo, unha iniciativa de promoción do envellecemento activo nas rexións transfronterizas por importe de 5 millóns de euros; Chesnut Care, unha estratexia de protección dos castiñeiros ante os desafíos climáticos que está valorada en 930.000; e EcoFront Minho, de promoción sustentable de espazos próximos á fronteira, por case un millón de euros.











