Pontevedra contará en primavera cun Bikepark no parque da Fracha

PONTEVEDRA> O parque da Fracha de Pontevedra contará en primavera cun Bikepark. O Concello elixiu xa unha parcela de 14 hectáreas para facelo realidade. Nela, crearanse tres rutas de distinta dificultade, con peraltes, cambios de sentido e descensos.

O Concello creará neste parque forestal da Fracha o primeiro Bikepark urbano de Pontevedra. Este estará instalado nunha parcela de 14 hectáreas. Un terreo que foi cedido pola comunidade de montes de Marcón.

O Bikepark disporá de tres rutas de distinta dificultade. Nelas habilitaranse peraltes, cambios de sentido, descensos de entre 700 e 1.400 metros e desniveis negativos de entre 70 e 90 metros.

Este proxecto foi proposto ao Concello polo colectivo ciclista de Pontevedra. Un dos seus membros é David Amor, quen explicou así hoxe os beneficios deste novo Bikepark.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí