Cociñeiros de prestixio e obradoiros para pór en valor o cerco do Salnés

    CAMBADOS> A pesca do cerco será a protagonista do mes de maio no Salnés. A Mancomunidade ultima os preparativos para estas xornadas de exaltación, pensadas para pór en valor este produto da zona, abundante e de gran calidade. 

     

    O Salnés aposta polos seus produtos. Durante o mes de maio, a Macomunidade e os sectores hostaleiro e pesqueiro irán da man para achegar a xente a pesca do cerco.

    O programa inclúe obradoiros para profesionais do sector hostaleiro e os chamados chef studio, demostracións en directo para todos os públicos. Os talleres celebraranse todos os luns de maio en Meaño, Ribadumia, Vilanova e A Illa; as exhibicións serán os sábados 10 e 17 e o venres 23 en Cambados, Vilagarcía e O Grove, e permitirán aos asistentes ver como traballan cociñeiros de prestixio como Pepe Solla ou Ángel León.

    Pero para facer a proposta se cabe máis atractiva, Cambados e O Grove xa prepararon cadansúa ruta de tapas para as fins de semana de maio. Receitas nas que, como non, o peixe do cerco será o protagonistas.

    Dende a organización agárdase que as xornadas sexan todo un éxito, e que atraian a xente de dentro e de fóra da comarca.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/14/xornadas_pesca_cerco_pinchos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/14/xornadas_pesca_cerco_pinchos.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí