O presidente dos comuneiros de Santa María de Xeve sae en defensa de A Canicouva

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/06/pontevedra_compostaxe.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/06/pontevedra_compostaxe.mp4{/flowplayer} 

     

    PONTEVEDRA> A Mancomunidade de Montes de Pontevedra e o concello comprometéronse esta mañá a ir da man no coidado, explotación e ordenación dos montes do municipio. Ambos asinaron un convenio marco que se irá ampliando con iniciativas concretas, e que incluirá entre as liñas de traballo o aproveitamento da biomasa. Unha cuestión que provocou que saíra na rolda de prensa a planta de compostaxe de A Canicouva.

    A futura planta de compostaxe de A Canicouva continúa axitando a actualidade política e social de Pontevedra. Esta mañá, quen saíu en defensa do proxecto e da decisión dos comuneiros do lugar foi o presidente da comunidade de montes de Santa María de Xeve.

    González destacou que foi a asemblea da Canicouva a que tomou a decisión, unha asemblea, insistiu legalmente constituída. Por iso pediu respecto.

    Diferente foi o seu posicionamento como presidente da mancomunidade de montes. A Canicouva non forma parte do ente, pero si o fan os comuneiros de Pontesampaio, uns dos principais opositores á planta. 

    Pola súa banda, o alcalde recordou que coa planta de compostaxe, non se está a falar de nada novo.

    Sobre as críticas do PSOE ao proxecto, pronunciouse tamén esta mañá o presidente da Deputación. Para Rafael Louzán, esta é unha mostra máis da falta de coherencia da formación.

    O vindeiro luns o concello celebrará a primeira das xornadas técnicas previstas, organizadas polo goberno municipal para intentar despexar suspicacias sobre a futura planta de compostaxe de A Canicouva.

     

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí