O Mercado e o Balneario acaparan gran parte dos fondos do Plan E

    plane2_vilagarcia_100_270110_copia.jpgVILAGARCÍA> Os fondos contemplan unha partida de 200.000 euros para servizos sociais, pero non inclúen o centro de día demandado polo PP.

    {flowplayer}images/salnes/270110_plane2_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    Nesta ocasión, o equipo de goberno vilagarcián organizou o reparto de fondos en torno a varias categorías. A promoción económica sorberá as dúas actuacións insignia deste plan: a primeira, a mellora das instalacións do mercado de Abastos, á que se destinará un millón de euros dos catro que lles corresponden á cidade no Plan Anticrise do 2010. A segunda, a rehabilitación do Balneario, onde ademais se prevé instalar un centro de formación e emprego. Tamén se apostará polas novas tecnoloxías coa extensión da rede wifi a edificios municipais. No apartado de educación ampliarase o patio do colexio público de Faxilde e no tocante ó casco urbano, recuperaranse os xardíns de Ravella e do parque de Compostela. Estes son algúns dos proxectos presentados pola alcaldesa e tenente de alcalde de Vilagarcía. Aseguran que o fan cumprindo os prazos e trámites esixidos, e neles incluíron propostas dos demais grupos da corporación.

    Tamén din que contemplaron as demandas veciñais, de aí que se inclúan por exemplo obras de mellora no saneamento de Faxilde, Fontecarmoa, Rubiáns e Cornazo, ou actuacións nas casas culturais de Trabanca Sardiñeira e Bamio. Neste reparto de fondos tamén se reservan 200 mil euros a servizos sociais, pero do centro de día demandado polo Partido Popular, nin rastro. Castro Ratón asegura que o goberno local conta cun anteproxecto de construción desta instalación, e que se contemplará nos orzamentos do 2011 se a Xunta non remata a construción do edificio xeneracional do Bosque nin se leva a cabo o centro para enfermos de alzheimer acordado por Afasal e Autoridade portuaria.

    A finalidade do Plan de Antricrise é reactivar a economía local e xerar emprego. Por iso, o executivo local propón a creación dunha comisión de seguimento centrada en controlar os postos de traballados que xeran estas actuacións. A idea do equipo de goberno é que estea integrada por sindicatos e membros dos grupos políticos da corporación, coa fin de que sexa o máis plural posible.

    Redacción Salnés