O PSOE de Lousame reclama medidas de seguridade nas obras de Cruído

    LOUSAME> O PSOE de Lousame reclama a adopción de medidas de seguridade nas obras que están a acometer os alumnos do obradoiro de emprego na contorna do local social de Cruído. Os socialistas denuncian o mal estado do muro de contención que podería ocasionar accidentes de non apuntalarse canto antes. Os socialistas de Lousame advirten dos riscos que supón para os alumnos do obradoiro de emprego traballar nestas condicións. A posta en valor do entorno do local social de Cruído implica a mellora dun camiño sobre o que ameaza este muro de contención, en mal estado. Dende o PSOE consideran que se tiña que ter apuntalado o muro antes de comezar a obra, dotando a actuación das condicións de seguridade necesarias. Por esta razón propoñen tanto ó concello de Lousame como ó de Porto do Son, xa que comparten obradoiro, que se adopten medidas de prevención para evitar o risco de accidentes.