A cultura urbana volverá tomar Porto do Son nunha nova edición do Rompetiño

PORTO DO SON> Aínda antes de comezar, a cuarta edición do Rompetiño Jump causou furor nas redes sociais. Todo grazas a unha campaña publicitaria que se converteu viral, grazas ó parecido cunha serie de moda. Dende a organización destacan o salto de calidade que supón esta cuarta edición coa incorporación de moitas novidades. Exhibicións, música, baile e diversas expresións artísticas integran o groso da programación que se desenvolverá ó longo de todo o fin de semana. Dende a organización quixeron agradecer a colaboración dos patrocinadores e do concello do Son que fan posble esta arriscada aposta de facer un festival de cultura urbana no rural