O alcalde de Noia augura un mellor resultado trala modificación do proxecto da Pontenafonso

NOIA> A autorización por parte de Patrimonio para retomar as obras de Pontenafonso foi moi ben acollida no concello de Noia. O alcalde, Santiago Freire, agradeceu ós veciños a súa paciencia tras tres meses de espera que se verá compensada cun mellor resultado dos traballos ó substituír a baranda metálica por un peitoril de pedra.

Ademais da autorización de Patrimonio, o modificado do proxecto obrigou tamén a reducir a velocidade de tránsito na ponte onde terán prioridade os peóns.

Freire lembrou que se trata dun investimento de máis de 700 mil euros que se vén sumar ás inminentes melloras na ponte de Ceilán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí