Máis de 40 pratos diferentes na X Festa do Mar de Poio

    FESTAS_MAR_POIO copy.jpg COMBARRO> A carpa de degustación esta instalada ó carón do Porto Deportivo de Combarro na que tamén se pode visitar unha Mostra de Artesanía.

    {flowplayer}images/salnes/FESTA_MAR_COMBARRO.flv{/flowplayer}

    Máis de corenta productos diferentes relacionados co mar configuran a lista gastronómica da décima edición da Festa do Mar de Poio.

    Desde a hora de apertura da carpa de degustación e a medida que avanzaba o día as mesas fóronse enchendo de comensais. Os propios cociñeiros son positivos e agardan acadar os mesmo resultados que o ano pasado.

    Productos de calidade e variedade son os cualificativos que máis se puideron escoitar ó redor das mesas, especialmente entre os turistas que chegaron desde diferentes puntos do país coma Barcelona, Pamplona ou Alicante.

    Ademais, productos do mar a prezos asequibles e para tódolos petos tal e coma explicaban os asistentes á Festa.

    Na mesma carpa tamén se pode visitar una Mostra de Artesanía. Ademais, haberá actividades ó longo de todo a semana e o venres terá lugar a concentración de embarcacións tradicionais. A II Gala Musical con Efecto Mariposa e Pastora Soler e actividades relacionadas co mar completan o cartel deste ano.

     

    Redacción Salnés