NOIA> A executiva local do PSOE de Noia propón a Miguel Paz Barreiro como candidato á alcaldía. A proposta da dirección terá que ser ratificada pola militancia na asemblea que se celebrará o próximo día 20, data ata a que se poderán presentar novas candidaturas. Miguel Paz Barreiro é a aposta da executiva do PSOE de Noia para liderar a loita pola alcaldía. Esta mañá, os membros da dirección do partido presentaban ó seu candidato que deberá ser ratificado pola militancia na asemblea do próximo día 20. Polo momento, non se presentaron máis candidaturas aínda que o prazo non expirará ata dentro de dez días. Paz Barreiro leva máis de vinte anos militando nas filas socialistas e, en máis dunha ocasión, concorrera ós comicios municipais aínda que nos últimos postos da listas xa que as súas obrigas profesionais impedíanlle dedicarse máis activamente á política activa. Enxeñeiro de profesión e cunha dilatada carreira profesional á súas costas, Miguel Paz asume este novo reto coa firme intención de dar continuidade ó labor desenvolvido polo goberno saínte. Á espera de perfilar aínda a lista e o programa electoral, propón como base da súa candidatura unha renovación na forma de facer política escoitando á cidadanía en lugar de seguir os ditados dos poderes que intentan impoñer os seus intereses.
Inicio Barbanza - Muros - Noia
Comments are closed.