Logran aprazar o desafiuzamento dunha familia de Ribeira

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/20/aprazamentodesafiuzamentoribeira2002151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/20/aprazamentodesafiuzamentoribeira200215.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> Unha familia de Ribeira perderá a súa vivenda ó non chegar a acordo co banco. A pesar das xestións realizadas. a plataforma Stop Desafiuzamentos tan só conseguiu aprazar o desaloxo que estaba previsto para hoxe. Finalmente será o 21 de abril cando os seis membros da familia deberán abandonar a casa. Antonio Pérez manifestábase na céntrica rúa ribeirense Nove de Agosto na que vive. Apoiado por amigos e membros de Stop Desafiuzamentos pretendía así facer visible o drama que está a vivir a súa familia. Con catro fillos ó cargo, dous deles menores, o matrimonio está a piques de perder o piso que levan dezasete anos pagando. A pesar dos intentos de chegar a acordo con Bankia para refinanciar a débeda, a entidade financeira negouse a facilitar un aluguer social. Reclámalle a vivenda e unha débeda que ascende a setenta e seis mil euros. A mediación da plataforma Stop desafiuzamentos e o concello co apoio do valedor do pobo fixo posible que o xulgado aprazase a execución hipotecaria, outorgándolle unha moratoria de dous meses. Ante a imposibilidade de conservar a súa vivenda, o único que lle queda a esta familia é conseguir a dación en pago de xeito que non teñan que seguir pagando a débeda unha vez desafiuzados. Dende o concello e a plataforma xa traballan na busca dunha vivenda onde realoxalos. Insisten dende a plataforma en que este caso debería facer reflexionar ós poderes públicos sobre a necesidade de modificar a lei para garantir a dación en pago. Con este fin, as plataformas comarcais de toda Galicia constituirán unha coordinadora á través da que pretenden impulsar os cambios lexislativos para frear os desfiuzamentos.