Ribeira acollerá o próximo 17 de xuño o Día da Bici

RIBEIRA> A organización da actividade correrá a cargo outro ano máis da concellería de Deportes, en colaboración co Club Ciclista Saltamontes. Esta mañá presentábase no Concello unha nova edición do Día da Bici. A cita desenvolverase o domingo 19 de xuño, con punto de saída e de chegada, coma de costume, na praza de España a partir das once da mañá. O percorrido será moi semellante ó de anos anteriores. Os participantes terán que percorrer un traxecto urbano duns nove quilómetros e medio, cunha dificultade técnica e física baixa. Ademais e de xeito paralelo, haberá unha xincana infantil para os máis cativos na propia Praza. Ó remate da ruta procederase tamén ó sorteo de diversos regalos entre os participantes, así como dúas bicicletas, unha aportada polo Concello e outra pola tenda SportBike. As inscricións poden realizarse ata o vindeiro xoves 15 de xuño na páxina web municipal: www.riveira.gal. O uso do casco será como sempre obrigatorio.