Maio deixa unha nova baixada do paro en Arousa

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/03/EMPREGOMAIO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/03/DATOS_PARO_MAIO_2014.mp4 {/flowplayer} SALNÉS> Maio pechou na ría de Arousa cunha saída de máis de catrocentas persoas das listas do paro. Servizos, construción e industria son os sectores que están a tirar do emprego en Salnés e Barbanza nun mes que tamén deixou cifras positivas a nivel galego e nacional. Os sindicatos recoñecen o bo dos datos pero seguen a poñer o acento na precariedade dos novos postos que se crean: temporais e xornadas parciais. 110 persoas no Barbanza e 317 no Salnés deixaron o mes pasado as listas do paro. Tódolos concellos das dúas comarcas crearon emprego. Só houbo unha excepción, Rianxo, no Barbanza, onde vinte persoas perderon en maio o seu posto de traballo. En canto ós municipios líderes en creación de emprego: Boiro no Barbanza, e Vilagarcía no Salnés. As boas cifras recollidas en Arousa correspondes coas reflictidas a nivel autonómico e nacional. NO tocante a Galicia, a 31 de maio había 6.700 persoas menos anotadas nos servizos públicos de emprego que en abril, unha baixada dun 2,4 por cento, e por riba dos vinte mil catrocentos menos que hai un ano. En España o volume de parados con respecto abril caeu nun 2,39 por cento. Hai case 112.000 parados menos. 318.500 se o comparamos co mesmo mes do ano pasado. Volvendo a Arousa, os servizos, construción e industria son os sectores que máis postos de traballo xeraron en maio. Botaron á rúa empregados a agricultura e a pesca.