O Ballet Flamenco de Sara Baras será a actuación estelar do outono vilagarcián

sarabaras_100_120907.jpgVILAGARCÍA > Caixanova e o concello de Vilagarcía de Arousa deron a coñecer esta mañá o programa de actividades culturais

… que se levarán a cabo na cidade os próximos meses. Diferentes propostas de música clásica, teatro e danza desenvolveranse durante o outono na capital arousana.

Guillermo Brea, director de Obras Sociais de Caixanova, e a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, presentaron esta mañá o programa de actividades culturais que se levarán a cabo ó longo dos próximos meses na cidade. O outono vilagarcián estará marcado pola danza, a música clásica e o teatro que encherán o auditorio.

Programación cultural 2007:

– 28 de setembro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal: actuación estelar do Ballet Flamenco de Sara Varas co seu espectáculo ‘Sabores’.

– 11 de outubro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal: obra de teatro ‘Movil’ do catalán Sergi Belbel e con María Barranco nun dos papeis protagonistas.

– 9 de novembro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal: Real Finlharmónica de Galicia coa colaboración no violonchelo de Han Na Chang.

– 14 de novembro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal: representación do clásico ‘Don Juan Tenorio’.

– 1 de decembro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal: actuación musical da compañía galega independente ‘Nova Galega de Danza’ que pechará a programación cultural.

Unha programación cultural con propostas para tódolos públicos e que seguro que encherán auditorio vilagarcián. Os interesados en adquirir a súa entrada para algunha das actuación deben facelo na páxina web www.caixanova.es ou na Taquilla Telefónica no número 902.504.500

Redacción Salnés