O estudantado mobilízase en Pontevedra contra o decreto do 3+2

PONTEVEDRA> A mobilización estudantil convocada en toda España tivo o seu eco tamén en Pontevedra. Máis dun centenar de estudantes percorreron o centro da cidade para protestar contra o decreto do Ministerio de Educación coñecido como 3+2. A mobilización foi a culminación da xornada de folga convocada para hoxe.

 

Máis dun centenar de estudantes tomaron esta mañá o centro de Pontevedra. As súas consignas resoaron polas rúas da cidade para reclamar o dereito á educación.

Segundo este decreto, que cualifican como “a última ocorrencia do Ministro Wert”, as universidades poderán modificar os catro anos máis un da estrutura actual de graos e másteres para pasar a carreiras de tres e posgraos de dous.

A manifestación foi a culminación da xornada de folga, pero non a única actividade que fixeron. Onte, os estudantes convocaron un peche na Facultade de Belas Artes.

Sobre a xornada de folga tamén convocada para hoxe, os organizadores estiman que o seguimento no ensino medio foi do 90%. Na universidade baixou ata o 70.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/26/manifestacion_educacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/26/manifestacion_educacion.mp4{/flowplayer}