PONTEVEDRA> 116 novos contaxios elevan a 2.469 a cifra total de casos activos na área de Pontevedra e O Salnés. Preocupa en especial a presión hospitalaria. A Unidade de Coidados Críticos de Montecelo conta xa con 35 pacientes.
Continúa aumentando a curva de positivos de coronavirus. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistrou hoxe 116 novos contaxios. O que eleva o total de casos activos aos 2.469. Ademais, a Covid deixou tres novas vítimas mortais nas últimas horas. Trátase de tres homes de 74, 86 e 92 anos. Un deles estaba ingresados en Montecelo e os outros dous no Hospital do Salnés. Os tres presentaban patoloxías previas. Con eles, son xa 112 as persoas que perderon a vida polo coronavirus dende o inicio da pandemia. Preocupa tamén a presión hospitalaria, xa que esta área conta xa con máis de 150 pacientes ingresados.
Ante esta situación, o Sergas continúa aprazando as intervencións cirúrxicas non urxentes.
En canto aos datos por Concellos, Pontevedra confirmou hoxe 585 casos cativos, 25 máis ca onte. Pola súa banda, en Poio rexistrouse un descenso de 6 positivos, o que sitúa o total de contaxios en 409. No Salnés, Vilagarcía contabilizou 174 casos, Cambados 64, Vilanova 55 e O Grove 30.