Pontevedra> Do que tamén falou esta mañá a Presidenta,e tamén o Vicepresidente, foron dos 3 anos de Goberno Bipartito fronte a Deputación. Hoxe cúmprense 3 anos da cita electoral que cambiou o Goberno no Pazo Provincial. Tres anos, que ambos mandatarios, describiron como unha coalición forte, cun único proxecto e onde os concellos recuperaron o protagonismo que merecen na provincia.
25 de maio, nesta xornada cúmprense 3 anos das últimas eleccións locais, tres anos desta cita electoral que cambiou de Goberno en numerosos concellos da provincia e tamén na Deputación. Nesta xornada a Presidente e Vicepresidente da administración provincial fixeron balance destes anos de Goberno e da súa coalición que definiron como forte e cun proxecto único.
A Presidenta da Deputación quixo sinalar o importante investimento que a Deputación leva realizado aos concellos da provincia, cunha inversión de máis de 200 millóns de euros, e cun reparto máis que equitativo, segundo Silva.
O Vicepresidente da Deputación, destacou pola súa banda, que o programa realizado polo PSOE e o BNG foi un programa feito con cautela, mimo, ambicioso e realista.
Para finalizar a Presidenta quixo enumerar algúns dos proxectos con máis éxito neste tempo de Goberno como son o Plan Revitaliza, a aposta pola mobilidade, reconverter os concellos en espazos para as persoas, iniciativas de formación e emprendemento, novas tecnoloxías, a aprobación do plan estratéxico de turismo e ter a igualdade como eixo fundamental en todas as políticas que se executan dende o Pazo Provincial.