Carmela Silva aposta por un servizo unificado de información ao turismo

Pontevedra> A Xunta de Goberno da Deputación aprobará mañá a adxudicación, á empresa Valora Consultores, da redacción do Plan Estratéxico de turismo. Unha rolda, a desta mañá, onde a presidenta criticou as declaracións de Nava Castro, en relación a unificación das oficinas de turismo, e lembroulle que, dende a administración galega non fixeron os deberes neste eido. A presidenta da Deputación criticou esta mañá a Nava Castro tras as as súas declaración sobre a unificación do servizo de información turística en Pontevedra entre a Deputación provincial e o concello. Carmela Silva cree que dende a Xunta non fixeron os deberes nesta materia e que dende o Pazo Provincial apostan por un espazo único de información ao turista. En relación á xunta de Goberno Silva informou que se aproba a adxudicación para a redacción do Plan estratético de turismo á empresa Valora Consultores.O importe deste proxecto é de 53 mil euros e deberá estar finalizado nun prazo de 5 meses. Unha xunta de Goberno que tamén dará luz verde á execución do campo de herba sintética en Meis, ás axudas ao deporte náutico e ao plan de cofinanciamento dos servizos sociais. Un plan ao que por primeira vez poderán ter acceso os concellos de menos de 20 mil habitantes e ao que a Deputación destina máis de 2 millóns de euros. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/11/xgd_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/11/xgd.mp4{/flowplayer}