Os cerqueiros manifestaranse en Monte Pío pola redución dos TAC

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/10/protestaacerga1003151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/10/protestaacerga100315.mp4{/flowplayer} PORTO DO SON> A Asociación Galega do Cerco mantén a convocatoria de mobilización para este sábado en Santiago. Denuncian así o desinterese da administración por non terse reunido co sector ante a problemática do recorte dos TAC que afrontan. Á espera de obter o permiso para concentrarse ás portas da residencia oficial do presidente da Xunta, a Asociación de Armadores do Cerco de Galicia mantén a convocatoria da mobilización para este sábado. Obteñan ou non a autorización están dispostos a concentrarse en Monte Pío a partir das once da mañá para expresar o seu malestar ante a administración autonómica por non terse reunido co sector para abordar o problema da redución das cotas. Deixando á marxe a pesquería da sardiña, necesitada dun plan de recuperación, os cerqueiros reclaman máis cota de xurelo e xarda. Na actualidade consideran que o reparto é inxusto xa que, mentres algunhas embarcacións dispoñen de TACS razoables, outras non poden saír a pescar polo reducido dos cupos. Á espera de coñecer as consecuencias da concentración prevista para este sábado, ACERGA xa advirte que a flota ten pensado dar a batalla polo que se seguirán a manifestar cada sábado ata ser recibidos polos representantes do executivo galego ós que acusan de non defender á flota cedendo ante os intereses dos gobernos central e europeo.