POBRA> A voceira de Pesca desta formación no Parlamento Galego, Loli Toja, mantivo un encontro con representantes das empresas consignatarias e dos estibadores que operan nestes dous portos para coñecer de primeira man a súa problemática a ráiz do proxecto de Portos de Galicia.
Acompañada da voceira socialista na corporación municipal, Patricia Lojo, e tamén do alcalde, Xosé Lois Piñeiro, a deputada autonómica do PSOE, Loli Toja, mantivo no peirao comercial desta localidade un encontro con representantes dos estibadores e das empresas consignatarias. Durante a xuntanza trasladoulle as iniciativas presentadas polo seu grupo a raíz de ter coñecemento da proposta de Portos de Galicia de instalar no espazo portuario unha zona destinada a almacenaxe de contedores. Unha decisión que preocupa o sector, que podería conlevar a perda de moitos postos de traballo.
O alcalde informou de que están á espera de que Portos de Galicia informe axeitadamente do proxecto, unha vez presentado o recurso de reposición, e se aclaren tódalas dúbidas existentes ó respecto.