En Marea levará ó Parlamento a problemática dos depósitos de gas en Boiro

BOIRO> O deputado desta formación, Pancho Casal, mantivo esta mañá un encontro con representantes da Plataforma Veciñal para coñecer de primeira man a súas reivindicacións. A instancias do grupo municipal de Boiro Novo, esta mañá representantes da Plataforma  reuníronse co deputado de En Marea, Pancho Casal, quen lles anunciou a súa intención de solicitar ante a consellería de Industria toda a documentación existente sobre este proxecto. Será a primeria doutras accións que a formación levará a cabo, entre as que se atopa tamén rexistrar unha pregunta parlamentaria para que o propio Director Xeral de Enerxía e Minas dea as explicacións oportunas pola instalación destes depósitos. Dende a Plataforma critican a pasividade por parte do Concello, que aínda non se posicionou ó respecto, unha circunstancia que os sume nunha profunda intranquilidade.