A POBRA> Ademais de asociacións e cidadáns anónimos, a mobilización contou coa presenza de tódalas forzas políticas agás o PP. Tamén se sumaron á protesta colectivos ecoloxistas de toda Galicia.
Entre os miles de asistentes non podían faltar os líderes das distintas formacións políticas en Galicia que se opoñen a este proxecto que está a tramitar a Xunta de Galicia e xa conta coa Declaración de Impacto Ambiental Favorable.
A este respecto, demandan ó goberno central que non facilite o acceso do proxecto ós fondos europeos Next Generation.
Ademais das formacións políticas, a manifestación contou coa asistencia de entidades e plataformas veciñais así como organizacións ecoloxistas, con Greenpeace á cabeza.










