Os mariñeiros da Pobra contratarán vixilancia privada para evitar os roubos

    POBRA> Os roubos xa comezan a ser algo habitual nos portos de Arousa. Esta semana tocoulle a quenda a tres embarcacións da Pobra. Os ladróns levaron consigo dous plóters, unha sonda e un radar, aparellos valorados en máis de vinte mil euros. Os roubos nos portos arousáns non son nada novo. É por isto que a confraría da Pobra leva máis dun ano organizándose pendente da autorización de Portos para contratar un servizo de vixilancia privada con cargo ós petos dos propios armadores. Aínda que levaban meses detectando a acción dos ladróns no porto, esta semana as consecuencias foron moi graves. Dúas embarcacións das que levaron diversos aparellos para a navegación valorados en máis de vinte mil euros. Ademais da falla de vixilantes denuncian que non existen cámaras ni ningún peche que prohiba o acceso ós pantaláns polo que é moi doado cometer os roubos.