![]()
BARBANZA> Galicia Bilingüe responde así á denuncia do BNG sobre a publicidade inserida na revista ‘Vosotros’. E engade que custaron cen euros.
{flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_GALICIA_BILINGUE_BNG.flv{/flowplayer}
Hai unha semana os voceiros do BNG de Ribeira e A Pobra convocaban unha rolda de prensa para acusar ós grupos de goberno destes municipios de malgastar os cartos públicos. Referíanse á publicación na revista ‘Vosotros’, de dous anuncios, un do concello de Ribeira e outro do da Pobra, ó final dunha reportaxe sobre as localidades. Dicían os nacionalistas que se trataba de ‘propaganda institucional partidista’, mentres aproveitaban para botar tamén contra o colectivo responsable da publicación, ‘Galicia Bilingüe’, acusándoos de constantes ataques ó galego. A denuncia causou indignación entre esta asociación, que decidiu saír á luz para desmentir estas acusacións. En primeiro lugar, din desde Galicia Bilingüe, os anuncios pagáronos os alcaldes de Ribeira e Pobra do seu peto.
En canto á outra das críticas, a de constantes ataques ó galego, din desde Galicia Bilingüe que o que eles defenden é a conservación desta lingua.
Outro dos aspectos apuntados polos nacionalistas era o uso errado, dicían eles, do topónimo ‘La Puebla del Caramiñal’. Desde Galicia Bilingüe aclaran que a reportaxe está en castelán, polo que respectaron esta nomenclatura. Na redacción en galego emprégase A Pobra do Caramiñal.
‘Vosotros’ naceu este mes de maio. É unha revista que pretende promover Galicia desde un punto de vista turístico e, segundo explican desde Galicia Bilingüe, realízase sen ánimo de lucro.
Redacción Salnés










