Poio ‘enterra’ o seu Entroido coa queima do Galo Fodorico

POIO> O Galo Fodorico despedirá esta fin de semana o entroido en Poio. O enterro desta popular personaxe do concello e a Festa Choqueira porán o broche ás festas deste ano, que se viron interrompidas en varias ocasións por mor da choiva. O sábado, por fin, o tempo acompañará aos que aínda queiran despedir o Entroido.

 

Este sábado os poienses chorarán durante o enterro, un ano máis, do Galo Fodorico. Tamén polo peche do Entroido, que despedirán coa terceira edición da Festa Choqueira.

Está previsto que o cortexo fúnebre de Fodorico saia ás 8 e media da tarde da praza do Mosteiro. Ademais dos veciños, sete comparsas acompañarán ao galo que este ano axudaron a vestir os nenos e os maiores do concello.

A incineración será na Praza de Arís, onde tamén se entregarán os premios aos gañadores do concurso da Festa Choqueira. Os tres mellores, individuais e por parellas, faranse cunha cea para dúas persoas, unha sesión de spa para dous e un galo, respectivamente. No caso dos grupos, o gañador levará un lote para facer un cocido.

Poio enterrará ao Galo Fodorico no día previsto, pero aínda quedan pendentes eventos do Entroido que non se puideron celebrar por mor do mal tempo. Este venres os veciños de San Salvador enterrarán o Berberecho, mentres que o 21 está previsto que a parroquia de Samieira despida o Galo Bruxo.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/11/entroido_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/11/entroido_poio.mp4{/flowplayer}