Jorquera destaca o potencial do Pazo de Goiáns como futuro factor de dinamización

    visitajorquerapazogoians_100_161109.jpgBOIRO> O representante do BNG no Congreso , Francisco Jorquera, visitou o pazo de Goiáns, que proximamente volverá integrar o patrimonio municipal.

    {flowplayer}barbanza/visitajorquerapazogoians.flv{/flowplayer}

    A pesar da persistente chuvia caída durante toda a xornada, Francisco Jorquera non quixo deixar pasar a oportunidade de coñecer o pazo de Goiáns, construción que proximamemente pasará a integrar o patrimonio do concello de Boiro grazas ás xestións realizadas polo deputado nacionalista no marco das negociacións para os orzamentos xerais de 2010.

    Jorquera destacou a gran potencialidade do pazo que, sen dúbida, se convertirá nun factor de dinamización do concello e de toda a comarca.

    Longo proceso

    A pesar de que xa existe a dotación orzamentaria para a súa adquisición, queda por diante un longo proceso ata que se formalice o convenio que permita a compra do pazo. Primeiro, ten que rematar o trámite parlamentario dos orzamentos, pendentes aínda do seu paso polo senado, para proceder despois a elaborar o convenio que requerirá tamén unha longa tramitación administrativa así como a negociación cos propietarios.

    Polo momento, dende o concello aínda non informaron dos futuros usos que se lles van a dar ó pazo, aínda que en ningún caso seguirán o modelo proposto no seu día polo PP que contemplaba a creación dun centro comercial e vivendas unifamiliares. 

    Esforzo inversor

    A rehabilitación do inmoble requerirá dun gran esforzo inversor. A intención do concello é solicitar axudas de tódalas administracións posibles así como contar con novos obradoiros de emprego e escolas taller que asuman parte da súa restauración.

    De feito, os alumnos do obradoiro de emprego xa están a traballar na actualidade na reconstrución dun muro que foi preciso derrubar cando se acometeu a construción da rotonda de Ponte Goiáns.

    Redacción Barbanza