O PSOE de Vilagarcía propón un plan de mobilidade, que inclúe peonalizar o centro da cidade

    O PSOE de Vilagarcía califica de “caos diario” o tráfico da cidade. Para poñerlle remedio, acaba de presentar un plan de mobilidade que quere levar a cabo se gaña as vindeiras eleccións municipais. O plan aposta pola peonalización do centro e a mellora do transporte público.

     

     O candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía aposta por humanizar as rúas céntricas da que é a séptima cidade de Galicia. Alberto Varela entende que os peóns e os ciclistas deben ter prioridade sobre os vehículos a motor, que segundo di, provocan un caos diario.

    Por outra parte, os socialistas vilagarciáns apostan por recupera-lo servizo de aluguer de bicicletas, amplia-lo carril bici e tamén por mellora-lo transporte público, especialmente, naqueles traxectos onde exista unha ampla demanda.

     

    Ademais, dentro dese plan de mobilidade Varela contempla a creación de novas zonas de aparcamento, negociando cos propietarios de terreos baleiros, para que os cedan de maneira temporal a cambio de incentivos fiscais.

     

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/16/mobilidade_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/16/psoe vilagarcia mobilidade.mp4{/flowplayer}