CAMBADOS> Os galegos que non poidan asistir a Festa do Albariño 2018 e que se atopen en Alemaña, aínda teñen unha segunda oportunidade de degustar os mellores caldos Rías Baixas, que será na I Festa do Albariño en Cuxhaven. Atendan que dende a Mancomunidade de O Salnés dan dous itinerarios para todos aqueles que queiran asistir.
Do 19 ao 23 de agosto a cidade de Cuxhaven terá sabor a albariño. Unha excelente ocasión para que todos os galegos e non galegos residentes nesta cidade de Alemaña degusten os mellores caldos Rías Baixas, ademais de que será un novo argumento que apoiará a Declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.
Ribadumia, Vilanova, A Illa e Cambados colaboran coa Mancomunidade de O Salnés para sacar adiante esta iniciativa. Todos aqueles que queiran asistir teñen dous itinerarios, un con aloxamento que sería preto aos 500 euros e outro sen aloxamento que sería de uns 275 euros.
A Festa do Albariño en Cuxhaven seguirá o mesmo modelo que a que se ven celebrando en Mallorca, tal como explicaba o concelleiro de Enoturismo de Cambados na presentación do evento, acompañado do presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, e representantes dos concellos implicados.
Inicio crb