O goberno de Cambados proporá reclamar a través da Deputación os 300 mil euros á UTE

CAMBADOS> O goberno de Cambados levará a pleno unha proposta para reclamar unha débeda á UTE Estévez Container a través da Deputación de Pontevedra. A concellería de economía valor esta vía como a máis favorable para reclamarlle os 300 mil euros de impagos ás empresas. O conflito vén pola concesión da plataforma loxística inversa no polígono de Sete Pías.

O concello de Cambados reclamoulle á UTE Estévez Container y Soil Recovery S.L. o pago da concesión da plataforma loxística inversa no polígono de Sete Pías. Tralo fallo a favor do TSX, agora o goberno local levará a pleno unha proposta para delegar a xestión desta reclamación a través da Deputación de Pontevedra.

O custo da débeda ascende aos 300 mil euros pola concesión da nave dende os anos 2011 a 2015.

A nave tivo un custo de 4 millóns de euros. 8 anos despois da súa construción o concello de Cambados nin utilizou a nave nin recuperou, segundo o concelleiro, nin un só euro.

O goberno depende agora do voto favorable da oposición. Dende a concellería de economía entenden que esta proposta é a mellor opción para recuperar a débeda xa que sería moi complicado facelo a través do concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí