A alcaldesa de Muros oponse ás ‘cláusulas abusivas’ para a xestión da gardería

    MUROS> A alcaldesa de Muros asistiu á asemblea do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar co fin de atopar unha alternativa ó convenio proposto polo organismo autonómico para a xestión da gardería. Son moitos os alcaldes que rexeitan algunhas cláusulas do documento como a que establece que os concellos deben aboar mil cincocentos euros por alumno. Despois de abordar o tema na federación galega de municipios e provincias, os alcaldes disconformes co convenio para a xestión das garderías expuxeron as súas propostas na asemblea do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Entre eles, a alcaldesa de Muros que non entenda a obriga do pago de mil cincocentos euros por alumno empadroado no concello que establece o convenio. Tras unha xuntanza tensa, na que o xerente do Consorcio aclarou que se trata dun convenio marco con posibilidade de introducir modificacións, os alcaldes quedaron emprazados para unha nova xuntanza, esta vez da FEGAMP, que terá lugar o oito de abril. Á espera de atopar a mellor alternativa, dende o concello insisten que non se demorarán os prazos de apertura da escola infantil que entrará en servizo en setembro.