Ribeira incrementará os controis no ocio nocturno

RIBEIRA> Os últimos episodios vividos na cidade durante a fin de semana, na que mesmo se chegou a denunciar a un local hostaleiro por consumo de bebidas na vía pública, é unha das principais razóns pola que os hostaleiros do ocio nocturno da localidade lle pediron ó Concello que se estremaran as medidas de prevención.

Nunha xuntanza mantida con representantes municipais, na que tamén tomou parte a Policía Local, os profesionais hostaleiros comprometéronse a estremar as medidas de control pertinentes, en especial,  a de evitar que os clientes consuman na rúa fóra dos espazos habilitados para tal fin, así como o uso obrigatorio de máscara protetora e o mantemento do distanciamento social.

Co mesmo obxectivo, os horarios de peche destes negocios veranse reducidos, e a Policía Local, co apoio do GAEM, incrementará o control nas zonas de ocio nocturno co ánimo de disuadir ou reducir posibles actitudes irresponsables. Fontes municipais informaron de que no caso de que estes acordos non teñan efecto, tomaranse medidas máis contundentes para frear o risco de posibles novos brotes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí