Éxito de participación na Feira Cabalar da Pascua de Padrón

PADRÓN> O mal tempo non foi quen de augar a festa da Pascua de Padrón. Miles de persoas pasaron este domingo pola vila para gozar das celebracións onde cobrou especial protagonismo a feira cabalar.

Medio cento de exemplares, chegados de todas partes de Galicia, participaron na Feira Cabalar celebrada este domingo en Padrón no marco das festas de Pascua. Xunto coa exposición de maquinaria agrícola, volveu ser o atractivo principal destas celebracións que atraeron ata a vila a milleiros de persoas.  

Ademais das numerosas exhibicións de doma, desenvolveuse o concurso morfolóxico que repartiu máis de tres mil euros en premios. A pesar da chuvia caída dende primeiras horas da mañá, o tempo deu unha tregua pola tarde permitindo ós asistentes disfrutar das atraccións e actuacións musicais que amenizaron esta xornada festiva.