J.J. Durán visita ás obras de ampliación da macrodarsena crucense

    jj_en_cabo_de_cruz.jpgBOIRO> O presidente de Portos de Galicia anunciou ademais a contrución de pantaláns para profesionais, tanto para embarcacións pesqueiras coma bateeiras.

    {flowplayer}barbanza/jjvisitaobrasportocabo.flv{/flowplayer}

    Acompañado polo alcalde, Xoán Xosé Dieste, e varios membros da xunta directiva do Club Náutico Boiro, José Juan Durán visitaba as obras da nova dársena de Cabo de Cruz, que se atopa na súa fase final. Durante a visita explicou que o ente autonómico está a realizar un seguemento mensual do nivel de asentamento dos diques de abrigo para, unha vez obtida a estabilidade definitiva, poder rematar o espaldón e o pavimento.

    Instalación pantalans profesionais

    Así mesmo o presidente de Portos anunciou que o seu departamento proxecta completar, a medio prazo, esta instalación coa construcción de pantaláns profesionais. Actualmente, o ente público ten elaborado xa un proxecto para a habilitación de 125 prazas para embarcacións pesqueiras, e está en estudo outro pantalán para os barcos bateeiros.

    José Juan Durán referiuse tamén ás obras de construción da instalacións náutico recreativas que se están a levar a cabo nestes momentos. Segundo el a previsión do ente autonómico é que a primeira fase desta actuación, que incluiría a instalación dos pantaláns, a creación de novas superficies de uso e a instalación de servizos básicos, estea rematada antes de finais de ano.

    Visita a Escarabote

    Posteriormente o presidente de Portos desprazouse ata o peirao de Escarabote, onde o organismo autónomo ten tamén en execución outras instalacións náutico recreativas que comprenden 175 prazas de amarre e un edificio de servizos, e que serán xestionadas en réxime concesional polo Club Náutico Barraña.

    Redacción Barbanza