Cabo de Cruz, Mecos e Vilaxoán brilan no Nacional de Bateis

SALNÉS/BARBANZA> Cabo da cruz alzouse este domingo en Moaña co título de campión de España de bateis en cadete masculino e subcampión en sénior masculino. Ó palmarés dos boirenses hai que sumar o papel xogado polos xuvenís do Mecos e os promesas de Vilaxoán. Acabaron cun ouro e un bronce respectivamente. Os mozos da bancada cadete de Cabo de Cruz alzáronse este domingo co título de campións de España no Campionato nacional de bateis desputado en augas de Moaña. Cunhas condicións climatolóxicas do máis adversas para remar, os tripulantes do bote crucense asinaron un papel brillante. Remataron a primeira virada terceiros, aumentaron ritmo e na segunda xa ían segundos. O treito final culminaron a remontada pasando primeiros a liña de meta. Igual de trepidante foi a participación do equipo sénior masculino. Non foi posible bater ó Bermeo, que se mantivo primeiro desde a saída ata a meta, pero os de Cabo de Cruz souberon manter o tipo e rematar cunha merecida prata. Ó podio tamén subiron, e ó máis alto, os xuvenís do Club de Remo Mecos, pechando unha tempada de luxo na que lograron ademais deste nacional, os títulos do Campionato Galego e do Territorial Sur. En féminas, destacar o papel das promesas do Club de Remo Vilaxoán, que acariñaron a prata este domingo na final de Meira pero ó final quedaron terceiras. Bronce por tanto para as mozas de Vilaxoán no nacional de bateis. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/28/cabocruzbateis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/28/CAMPIONATO_ESPANA_BATEIS.mp4{/flowplayer}