Segue o plan de peonalización das principais rúas do casco urbano pobrés

    peonalizacionprazacastelao_100_260107.jpgPOBRA > A peonalización da praza Castelao dará continuidade ó plan de humanización da Pobra.

    A actuación, presupostada en preto de 60 mil euros, consistirá urbanización do interior da praza de Castelao, unha superficie de 600 metros cadrados, situada ó lado do Centro para Discapacitados, que actualmente está ocupada por un pequeno aparcamento.

    A nova praza, de carácter peonil, contará cunha soleira de granito abuxardado intercalando leds de iluminación no mesmo pavimento. Instalaranse como mobiliario urbano cinco farolas tubulares, tres papeleiras, dúas bancadas de pera e granito e un muro cortina para a separación dos contedores soterrados instalados nas inmediacións.

    O prazo de execución da obra, que está prevista que se inicie durante o vindeiro mes de febreiro, será dun mes. Unha vez completada a actuación, decidirase a ubicación do monumento dedicado ó emigrante e navegante, realizado por Gonzalo Sánchez Mendizábal.

    Plan humanización

    A peonalización da praza de Castelao vén completar unha serie de actuacións que se levarona cabo nos últimos meses no seu entorno. Entre elas, a construción do novo mercado municipal, a construción do centro Integral de Atención á Discapacidade, a pavimentación e acondicionamento de beirarrúas da rúa Castealo e a mellora dos servizos de abastecemento de auga e de saneamento. Esta última obra está a ser acometida na actualidade pola empresa Acuagest e prevese que no prazo dunha semana estarán completamente rematadas tódalas actuacións. Aproveitando a realización de obras neste entorno, a compañía de telecomunicacións ‘R’ procederá á instalación do cable para poder dar servizo nun futuro ós veciños sen necesisdade de volver a actuar para a renovación da rede.

    Redacción Barbanza