Ribeira acollerá un torneo solidario de baloncesto en beneficio da asociación TDH Salnés

RIBEIRA> Ribeira acolle este vindeiro sábado a primeira edición do Torneo Solidario de Baloncesto Banco Mediolanum-Cidade de Ribeira para categoría infantil. Todo o recadado no torneo, organizado polo Club Baloncesto Barbanza, irá en beneficio da asociación TDH Salnés.

Un total de oito equipos de categoría infantil pertencentes ás comarcas do Barbanza, Santiago e Salnés tomarán parte este vindeiro sábado no pavillón Torres Colomer de Palmeira na primeira edición Torneo Solidario de Baloncesto Banco Mediolanum-Cidade de Ribeira. A cita presentada esta mañá terá un fin benéfico, xa que todo o recadado irá a parar á Asociación TDH Salnés.

Dende a Asociación TDH Salnés fan un chamamento a asistir ese día ó Torneo, co fin de recadar a maior cantidade de fondos posible para a entidade.

O torneo conta coa colaboración de varias empresas da zona, así como tamén do Banco Mediolanum que decidiu incluilo na súa Semana Solidaria a través da Fundación, o que implicará que o Banco duplicará entre dous mil e cinco mil euros a recadación obtida no evento.

2 COMENTÁRIOS

    • Ribeira:
      – Franxa de terra que está ao lado dun río, dun lago ou do mar.
      “Nesta ribeira do río hai unha praia fluvial.”
      sinónimos: beira, marxe
      – Zona de terra que está próxima e dá cara ao mar ou cara ao río.
      “Pola ribeira hai vilas e aldeas mariñeiras.”
      Parecido a: beiramar, costa, litoral, mariña ..
      “Vive nun lugar da ribeira do Miño”

      https://academia.gal/dicionario/-/termo/ribeira

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí