Rianxo en Común busca abrir o concello á participación cidadá

    RIANXO> Outro dos novos partidos que agarda poder irromper no panorama político a partir do vindeiro 24 de maio é Rianxo en Común. Constituído por un grupo de veciños e veciñas que busca mellorar a actual xestión municipal, o seu programa fundaméntase na transparencia e a participación veciñal. Conscientes de que existen outras formas de facer política, Rianxo en Común preséntanse a estas eleccións municipais coa finalidade de construír un concello mellor para vivir, con máis oportunidades e tamén con mellores servizos. Para eles un dos aspectos fundamentais será a transparencia na xestión municipal, como tamén o é a participación veciñal. Dentro do seu programa inclúen tamén propostas de cara a mellorar os principais sectores produtivos do municipio, como son o mar e a terra, sen esquecer tampouco ó comercio e á hostalería, ó ser unha fonte de riqueza para o municipio. Tampouco esquecen a necesidade de desenvolver accións concretas para a activación do actual polígono industrial en Té. A creación dun centro de día, a oficina municipal de incidencias á que calquera veciño pode acudir para presentar unha queixa, ou a realización de diversas actuacións de cara a posta en valor da importante riqueza natural e cultural da que dispón Rianxo, son tamén outras das propostas que se inclúen no seu programa electoral, que agardan poder chegar a desenvolver a partir do próximo 24 de maio. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/programarianxocomun1405151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/programarianxocomun1405151.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí