![]()
POBRA> O balance de tráficos portuarios no porto pobrés durante o 2012 incrementouse un 4% con respecto ó ano anterior.
{flowplayer}barbanza/balancetraficosportuariospobra.flv{/flowplayer}
Acompañado do alcalde, Isaac Maceiras, e o edil de Industria, Manuel Fontao, o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitaba as instalacións do peirao comercial da Pobra do Caramiñal. A visita tiña como principal finalidade dar a coñecer os datos do balance de tráficos portuarios nesta zona durante o pasado ano 2012. Segundo o titular do ente autonómico no último ano movéronse no sistema portuario galego un millón novecentas mil toneladas de mercadorías e pesca, o que supuxo un incremento do 9%. No porto pobrense foron preto de 106 mil toneladas de túnidos conxelados, case un 4% máis que o ano anterior, o que vén a evidenciar a importancia deste peirao.
Descargas peixe fresco
En canto a peixe fresco, José Juan Durán, refeiuse tamén ós altos datos acadados durante o pasado ano 2012 no porto de Ribeira, no que se chegaron a descargar unhas 26 mil toneladas, superando a outros portos de titularidade autonómica como é o caso de Burela ou Celeiro.
Primeiro Durante a súa visita á localidade pobrense o presidente do ente autonómico volveu e destacar que este peirao era o primeiro porto local europeo en dispoñer do distintivo de calidade medioambiental EMAS, ó que agardan poder darlle continuidade noutros peiraos galegos.
Redacción Barbanza








