Somos Cambados seguirá na vila con independencia do que suceda o 24-M

    CAMBADOS> Somos Cambados nace con vocación de permanencia. A plataforma veciñal presentou esta mañá as súas 50 propostas para cambiar a vila. Unha listaxe de iniciativas con catro prioridades: axudar aos que o necesitan, cear emprego e fomentar a participación veciñal na política municipal.

     

    Cando se cumpren dous meses da primeira asemblea aberta que foi o seu xermolo, Somos Cambados presenta o seu programa. A pesares da súa xuventude, teñen claro que chegan para quedar.

    Axudar ás familias máis necesitadas de Cambados, crear emprego e fomentar a participación cidadá, son os tres piares das súas propostas. Un total de cincuenta medidas para cambiar a vila.

    Potenciar os sectores do mar e do viño, reclamar a sé do Consello Regulador da DO Rías Baixas, facer da Merced unha casa da xuventude, recuperar as urxencias pediátricas, crear un viveiro de empresas… son outras das propostas da formación. Tamén comprométense a conxelar os impostos.

    A formación explicará todas estas propostas nun mitin previsto para este sábado no Salón Peña ás 9 e media da noite.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/somos_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/somos_cambados.mp4{/flowplayer}